Benvidos a miña fraga!

Ola, son Xocas un amigo dos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria do CEIP Príncipe Felipe. Dende principio de curso estou investigando e descubrindo con eles unha morea de cousas e a partir de agora este espazo serviranos para amosaros a todos o que estamos a facer.
Espero que vos guste e compartades con nós as vosas experiencias e tamén nos propoñades novos proxectos nos que traballar.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

ESTAMOS EN OUTONO

Un día percateime de que na miña fraga as cousas estaban a cambiar, asi que pedínlle aos nenos/as que investigaran que era o que estaba a pasar. Eles explicaronme que chegara o outono e que por iso as follas caían das árbores, chegaron as castañas, as noces, as amendoas.. Asi que decidiron decorar as clases con debuxos de outono, follas, froitos secos... E ata fixeron unha arbore xigante!

No hay comentarios:

Publicar un comentario