Benvidos a miña fraga!

Ola, son Xocas un amigo dos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria do CEIP Príncipe Felipe. Dende principio de curso estou investigando e descubrindo con eles unha morea de cousas e a partir de agora este espazo serviranos para amosaros a todos o que estamos a facer.
Espero que vos guste e compartades con nós as vosas experiencias e tamén nos propoñades novos proxectos nos que traballar.

lunes, 29 de noviembre de 2010

Un conto para pensar

http://www.youtube.com/watch?v=OVf1GhKDtW8

Unha nova viaxe

Despois de ver as fotos da vosa primeira saída; non vos quedan ganas doutra?. Porque ahora en Pontevedra no centro de Caixa Nova están poñendo unha peli que eu penso que vos podería gustar, o título é "El lince perdido", que vos parecería ir a vela?

Saida á biblioteca

Unha idea!

Escoitando música descubrin esta canción, a min gustoume moito, a ver se a vos tamén! Ademais, pode que xa a coñezades pois a cantan os protagonistas de Patito Feo. Ocórresevos algo que podamos facer algo con ela?
http://www.youtube.com/watch?v=xzrQ6aNooBY

viernes, 26 de noviembre de 2010

Os nenos e nenas coñeceron o blog

Hoxe os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria xuntáronse a última hora da mañá para coñecer a miña fraga, estaban moi sorprendidos de verme no ordenador e recordaron as actividades que estiveron facendo.
Agora xa saben o que é un blog, eu os espero aquí para que vaian deixando mensaxes, comentarios e novos descubrimentos. 

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Samain

E ca chegada do outono chegaron tamén as cabazas e con isto ocorréuseme que os rapaces e rapazas descubriran cousas do Samain, achegueilles a lenda das cabazas para que a coñeceran e dende ahí comezamos co deseño delas.
Ademais fixeron unha festa no cole na que se disfrazaron de magos e bruxos e contáronlles o todos o que sabian desta festa de orixe celta. Como premio deronlles chocolates e gominolas de formas mostruosas, que ben o pasaron!!!!

ESTAMOS EN OUTONO

Un día percateime de que na miña fraga as cousas estaban a cambiar, asi que pedínlle aos nenos/as que investigaran que era o que estaba a pasar. Eles explicaronme que chegara o outono e que por iso as follas caían das árbores, chegaron as castañas, as noces, as amendoas.. Asi que decidiron decorar as clases con debuxos de outono, follas, froitos secos... E ata fixeron unha arbore xigante!

As primeiras actividades

Como vos dicía estamos investigando diferentes temas o primeiro reto foi aprender cousas do noso corpo, e descubrir para que servía o embigo, porque moitos nenos e nenas pensaban que era para respirar, así que buscamos información e fixemos paneis co nome das partes do noso corpo.
Agora sabemos unha morea de cousas e tamén coñecimos que o embigo servianos para respirar e alimentarnos cando estabamos na barriga das nosas nais.