Benvidos a miña fraga!

Ola, son Xocas un amigo dos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria do CEIP Príncipe Felipe. Dende principio de curso estou investigando e descubrindo con eles unha morea de cousas e a partir de agora este espazo serviranos para amosaros a todos o que estamos a facer.
Espero que vos guste e compartades con nós as vosas experiencias e tamén nos propoñades novos proxectos nos que traballar.

miércoles, 24 de noviembre de 2010

As primeiras actividades

Como vos dicía estamos investigando diferentes temas o primeiro reto foi aprender cousas do noso corpo, e descubrir para que servía o embigo, porque moitos nenos e nenas pensaban que era para respirar, así que buscamos información e fixemos paneis co nome das partes do noso corpo.
Agora sabemos unha morea de cousas e tamén coñecimos que o embigo servianos para respirar e alimentarnos cando estabamos na barriga das nosas nais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario