Benvidos a miña fraga!

Ola, son Xocas un amigo dos nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria do CEIP Príncipe Felipe. Dende principio de curso estou investigando e descubrindo con eles unha morea de cousas e a partir de agora este espazo serviranos para amosaros a todos o que estamos a facer.
Espero que vos guste e compartades con nós as vosas experiencias e tamén nos propoñades novos proxectos nos que traballar.

jueves, 20 de enero de 2011

AS CASAS E AS CULTURAS

Ola rapaces e rapazas vexo que en clase estades a investigar e aprender cousas sobre as casas, asi que ocorreuseme algo que poderíades facer todos e todas xuntos.
Déixovos unha serie de fotos para que averiguedes a cultura a que pertencen e que expliquedes porque chegástedes a esta conclusión, logo poderíades poñer todo nun mural na vosa clase.

Ánimo e que aprendades unha morea de cousas!!!!!













No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada